29/6/15

NEOTROBADORISMO: ÚLTIMAS COMPOSICIÓNS

                            Cantiga da autoría de NOA FERNÁNDEZ MOREIRA (4 ºESO)


                                       GIULIANNA LO BELLO FRAGA (4º ESO)

28/6/15

CANTIGAS MEDIEVAIS PARA AS LETRAS 2015

ANDREA MONTOIRO RODRÍGUEZ (3º ESO) escribiu a cantiga de amigo "Contenta me atopaba"

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS de IVÁN mais ESTEBAN

IVÁN CERVIÑO PAZ (3º ESO) compuxo unha moi bela cantiga de amor, que nos recita neste videopoema.

ESTEBAN PIÑEIRO CASTRO (3º ESO), non pensarías, Esteban, que me ía esquecer de ti? Xa ves que non!  E ben bonita que che quedou...

A NATUREZA NAS CANTIGAS NEOTROBADORESCAS


ALBERTO ALVAREZ CAAMAÑO (3º ESO) recítalle ás "Follas do verde pino", moi inspirado nas cantigas medievais, ou non?






CANTIGAS NEOTROBADORESCAS NO IES EDUARDO PONDAL

 Pedro SACO VILA (3ºESO) deléitanos cunha simpática cantiga satírica contra o estrés diario dun estudante...

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS DE CARLOS E DAVID

DAVID VIEITES MARTÍNEZ (4º ESO).  Aí che vai a túa cantiga! Pensei que non a daba subido!

CARLOS ANTELO PAZO (4º ESO), tamén está a túa, pero non pasei tres horas con ela....

NEOTROBADORISMO: CANTIGA DE AMOR.

MIGUEL JARDÓN FERNÁNDEZ de 4º ESO compón unha cantiga de amor, aínda que el nos diga que é de amigo: Ai, minha senhor!!! e inmediatamente despois deléitanos cunha cantiga de escarnho.

NEOTROBADORISMO

MARÍA BLANCO VALES (4º ESO) QUERE ATOPAR AO SEU AMIGO.

LETRAS 2015: AS MULLERES TAMÉN TROBAN

Magali Noa Alvarez González (4º ESO) adícalle una composición ao mar.

O NEOTROBADORISMO: UNHA AVANGARDA PROPIA GALEGA

Lucía Paz Aldrey (4º ESO) escribe e interpreta unha preciosa cantiga de desamor.

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS PARA AS LETRAS 2015

NOA Fernández Moreira fala do seu amigo.

O CURRUNCHO DA LECTURA

Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e, ao momento, volveu a escuridade outra vez. Era unha sensación estraña a que sentía. Non se sentía realmente no seu corpo. De feito, atopábase dentro del flotando, sen capacidade para movelo. Nese momento, el era só os seus pensamentos, ideas, opinións, sentimentos e todo iso estaba pechado nun corpo material que semellaba inerte ao que non podía controlar.
Aquel movemento de brazo fora o último que percibira a través dos sentidos. Despois todo se sumira nunha tranquilidade e unha calma absolutas; un benestar que xamais experimentara inundaba o ser inmaterial no que se convertera. Só había algo que o retiña naquela escuridade exterior. O corpo que unha vez lle pertencera interpúñase entre as tebras e a luminosidade que se supuña que viña despois. O corpo estaba oprimíndoa pouco a pouco, coitando contra os desexos do seu espírito de liberarse, de deixarse levar polas cousas boas do mundo e expulsar todos os malos sentimentos acumulados. Nembargantes, a súa vontade resistía e intentaba apropiarse da forza que lle quedaba ao seu corpo material. O único que desexaba a súa alma era cegar a ese lugar onde todo estaría desbordando paz, un lugar idílico.
A loita entre ambas partes continuaba e, pouco a pouco, o seu espírito gañaba terreo sobre o corpo. A busca do ben e da felicidade impúñase ao desexo do corpo por ficar naquel mundo material cheo de sentimentos negativos. E comezou a ascensión cara ao ceo. O seu positivismo aumentaba, todo se vía máis bonito dende esa perspectiva. Todos os seus sentimentos malos íanse liberando. Aquilo era todo o bo que se podía soñar.   ADRIANA VENCE NOGUEIRA (4º ESO)

O CURRUNCHO DA LECTURA

O baleiro
Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama, mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo. Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa. Pero non lle respondían. Golpeou o chan e as paredes, levantou baldosas e abriu buratos no teito. Nin rastro. E "tic-tac, tic-tac", o tempo corría. E non atopaba o que non lle deixaba dormir, o que o perseguía nos soños. E quixo falar. E quixo berrar. Pero non era capaz. Intentou abrir a porta da habitación, mais o picaporte non cedía, estaba frío coma o xeo. Agobiado, sen alento, volveu a intentalo. Volveu a tocar o picaporte, primeiro coas xemas dos dedos. E unha corrente de aire e frío o volveu a recorrer por dentro. Agarrou agora o picaporte, con toda a man, e fixo forza para abrir a porta. Pero o seu esforzo non servía de nada, o picaporte seguía igual que antes. E a porta pechada. Non se abría. Intentou berrar outra vez, con todas as súas forzas, pero só lle saiu un xemido, un berro afogado. E "tic-tac, tic-tac", o tempo corría. "Tic-tac, tic-tac", resoaba na súa cabeza. "Tic-tac, tic-tac". Estaba sudando, era un sudor frío, coma o picaporte. Un sudor que cheiraba a desesperación. Deulle unha patada á porta e intentou berrar outra vez. E, outra vez, foi un berro lastimeiro, afogado, desesperado, amedrentado. Non podía saír. Non atopaba o que buscaba. E nin sequera Artemisa, a Lúa, lle dicía onde estaba. E o agobio podía con el. "Tic-tac, tic-tac". A tolemia apoderábase da súa mente. "Tic-tac, tic-tac". O reloxio. Colleuno con forza e tirouno contra o chan. Este reventou, e todas as engranaxes quedaron esparcidas. E colleu un puñado delas e tirounas contra as paredes intentando berrar outra vez. Sentou no chan dando golpes e cortouse co cristal do reloxio. "Tic-tac, tic-tac". Non paraba. Non era o reloxio. Era a súa cabeza. "Tic-tac, tic-tac". Estaba tolo. Desesperado. A frustración podía con el. Levantouse intentando berrar, intentando coller aire. Conseguiu acercarse á fiestra. Abriuna. "Tic-tac, tic-tac". A loucura, a desesperación, o agobio e a frustración non o deixaban pensar. Sacou a cabeza fóra e intentou respirar. Colleu aire fresco. "Tic-tac, tic-tac". Non paraba. Cada vez máis. Pero grazas ao aire agora podía berrar. E berrou. E berrou máis aínda. Pero o agobio non o abandonaba. O agobio medraba. O agobio toleábao. O agobio amedrentábao. "Tic-tac, tic-tac". Cando xa non puido máis, preguntoulle ás estrelas que onde estaba o que buscaba, e, cada vez máis desesperado, ao ver que non lle respondían, saltou ao baleiro pola ventá.
Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama, mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo. Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa...
Helena Santidrián Mas
7.10.2014

EXPOSICION DE ESOPIAS E FOTOGRAFIA MATEMÁTICA

 Exposición de esopías elaboradas por alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO.
 Unha ESOPÍA é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
 Comprobade se as esopías cumpren o requisito de teren o número de letras igual ao número π.
 

   \pi \approx 3,14159265358979323846 \; \dots
 EXPOSICIÓN LEVADA A CABO NO MES DE NOVEMBRO DE 2014 NA ENTRADA DO CENTRO






CANTIGAS NEOTROBADORESCAS PARA AS LETRAS 2015

Giulianna Lo Bello (4º ESO) adícalle unha cantiga de amigo ao Río Miño.

Giulianna Lo Bello (4º ESO) invoca as Follas Verdes na súa cantiga.

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS EN LEMBRANZA DE FILGUEIRA VALVERDE. LETRAS GALEGAS 2015

 
Adriana Vence Nogueira (4ºS) interpreta a súa composición "Ondiñas da ría da Arousa".

Alvaro Pérez Laranga (4ºS) recrea o diálogo entre unha amiga e o seu namorado, que se atoparon nunha "silveira". 


 

22/6/14

VIDEOPOEMAS SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O alumnado de 3º e 4 º da ESO, e tres grupos de 1º Bacharelato, realizaron uns marabillosos audiopoemas tomando como base as composicións poéticas de Xosé María Díaz Castro, poeta lugués conmemorado este ano 2014 no Día das Letras.



1ºA Bach




A versión do poema "Coma un río" do libro "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, realizada por
Fabianna, Guillermo, Ítalo e Luís, de 1º Bacharelato.





Mar, Tomás e Valeria, de 1º Bacharelato, musican e interpretan o poema "Noite do mundo".




Tamara, Nuria e Eva, tamén de 1º de Bac, recrean "Penélope", o poema máis coñecido de Díaz Castro: unha metáfora de Galiza.




4ºs

 



"Veleiquí os homes", nunha interpretación de Jorge Espada, Eloi Pazos, Brais Santamaría e Alejandro
Otero, de 4º ESO.





Aida, Sabela e Águeda (4º ESO) interpretan "Como unha espada".





Daniel e Anxo (4º ESO) na súa particular versión de "Monumento á ausencia".





Sara, Sandra, Inés, de 4º S interpretan "Penélope".





André e Alejandro Freire (4º S) tamén recitaron "Penélope".





Álex Vázquez, Daniel del Oro e Víctor cabada (4º S) recrean "Remuíños", tamén do libro "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro.


4ºT




Leticia, Gemma e Carmen de 4º T escolleron o poema "Quezais".





Natalia, Adrián e Álvaro, de 4º T, recrean "Ai, capitán!"





Martín González, Iván e Miguel, de 4º T, decidíronse por "Noite do mundo"





Cristina e Ana, de 4º ESO, na súa particular interpretación de "Coma ventos fuxidos".





Aloia, Lucía e Violeta escolleron "Remuíño".


3ºS

O alumnado de 3º de ESO tamén participou:




María, Magali e Adriana, de 3º ESO, elixiron "Coma un anxo airado"





"Veleiquí os homes": Carlos, Miguel, Daniel e Rubén  de 3º ESO



 Claudia, Giulianna e Noa debuxan e interpretan "Coma unha espada".







Ana, Antón e Iris póñenlle voz, música e imaxe a "Coma un río".


3ºT




Lucía e Ana escollen paisaxes e voces para "Coma un río".



 Jazmín e Xavier interpretan "Como un anxo airado".







 "Coma brasas" é recreado por Lucía, Inmaculada e Estefanía, de 3º ESO.




17/12/13

Amote, Leo A. ROSA ANEIROS

Asistimos á presentación do primeiro libro da triloxía "Ámote, Leo A.", de Rosa Aneiros, na Libraría Couceiro.

24/11/13

AS PANTASMAS DE FIDEL (Ardalén)


"AS PANTASMAS DE FIDEL: XANA, RAMÓN E ROSALÍA"

VALERIA M. SÁA FREIRE fala sobre ARDALÉN, de Miguelanxo Prado.

A vida de Fidel, o protagonista de "Ardalén" estaba chea de pantasmas, recordos de Antonio que foron asimilados por Fidel como se foran propios. Só os vía el, xa que realmente só eran iso, recordos. A pantasma coa que pasaba a maioría do tempo era a fada, Xana ou Xaniña, unha muller de longos cabelos louros  e roupas brancas, cun carácter algo duro, e cun gusto sen igual pola calma e pola tranquilidade. Ao longo da historia semella como que está ciumenta todo o tempo, ben de Rosalía (outra pantasma da historia, outro recordo de Antonio), ben de Sabela (a protagonista real do relato). Ao final, sábese que a Xana non era unha fada, senón unha rapaza normal, á que Antonio (non Fidel) chamaba "A Fada", e que coñecía por ser a filla da dona da casaonde a nai de Antonio traballaba como asistenta. Xa desde pequenos había moita complicidade entre ela e mais Toñito, sendo ela quen lle amosou como tocar o piano.

Outra pantasma que convivía con Fidel era un home grande, forte, alto, e cun don innato coas mulleres, Ramón, o mellor amigo de Antonio. Ao longo da historia, descóbrese que Ramón máis Antonio eran mariñeiros ambos os dous e traballaban xuntos no "Riverside". Sábese que Ramón lle salva a vida a Antonio, cando estaban todos a punto de morrer nun naufraxio. Sábese tamén que Ramón morrera, durmindo no camarote, cando unha onda de xigantes dimensións se botou sobre o barco. Antonio sálvase con outros cinco mariñeiros máis. E a "culpa" de non ter podido salvar o seu mellor amigo (como este fixera con el), entristece e amarga a vida de Fidel, que ten os recordos de Antonio.

Tamén convive con Fidel día a día Rosalía. O único amor que tivo Antonio (que non era moi afortunado coas mulleres). Cubana, morena, extrovertida e cun corpo que entolecía a Antonio. Era prostituta (sábese por unha foto onde aparece ela e a súa prima).  Das poucas vivencias que aparecen explícitas na historia do verdadeiro Antonio, aparece el coa foto de Rosalía, maldicíndose por non estar ao seu carón, xunto dela. Minutos despois, mátano.

30/6/13

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

Realmente gustoume moitísimo o libro. Non polo contido exactamente, senón pola maneira en que está contado. En toda a historia estiven ao 100% metida na personaxe de Christopher, un neno de quince anos, coa síndrome de Asperger e cunha moi difícil situación familiar que vai descubrindo aos poucos.
Paréceme unha historia tamén orixinal pero, sobretodo, reflexiva. Fíxome pensar moito sobre a percepción das cousas, da vida, de cousas aparentemente insignificantes, e tamén a ver todo isto desde un punto de vista dunha persoa con dificultades de relación.
Tamén teño que dicir que nalgúns momentos foi conmovedora. Como ao final da historia, cando están a falar Christopher e o seu pai.
As personaxes están ben descritas e caracterizadas (quen mellor está é o protagonista, Christopher, como é de esperar) e unha das cousas que máis me gustou foi a unión dos coñecementos científicos coa vida. Lendo este libro aprendín moitísimo, tanto de astronomía, como de anatomía, de patoloxías...etc). recoméndoo, unha gran lectura.


Valeria María Sáa Freire