24/11/13
30/6/13
O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

Realmente gustoume moitísimo o libro. Non polo contido exactamente, senón pola maneira en que está contado. En toda a historia estiven ao 100% metida na personaxe de Christopher, un neno de quince anos, coa síndrome de Asperger e cunha moi difícil situación familiar que vai descubrindo aos poucos.Paréceme unha historia tamén orixinal pero, sobretodo, reflexiva. Fíxome pensar moito sobre a percepción das cousas, da vida, de cousas aparentemente insignificantes, e tamén a ver todo isto desde un punto de vista dunha persoa con dificultades de relación.
Tamén teño que dicir que nalgúns momentos foi conmovedora. Como ao final da historia, cando están a falar Christopher e o seu pai.As personaxes están ben descritas e caracterizadas (quen mellor está é o protagonista, Christopher, como é de esperar) e unha das cousas que máis me gustou foi a unión dos coñecementos científicos coa vida. Lendo este libro aprendín moitísimo, tanto de astronomía, como de anatomía, de patoloxías...etc). recoméndoo, unha gran lectura.
Valeria María Sáa Freire
ENGURRAS, por MIGUEL FIAÑO
O libro, escrito e debuxado por Paco Roca, pareceume en ocasións divertido e moi fácil de ler, pois lino todo dun tirón. Deume a ver o difícil que pode ser a vida nunha residencia de anciáns, ademais de triste, e que a xente por non acabar a súa vida só, pois prefere ter a alguén ao seu lado, aínda que teña problemas, como é o caso do protagonista. A pesar de ser triste a vivencia nunha residencia, pode ser bonita, polas amizades que se poden chegar a facer.
A parte que me parece máis triste do libro foi cando o protagonista se entereou de que tiña alzheimer e quixo subir á segunfda planta, para saber como eran os que estaban alí e que era o que realmente pasaba alí.
E a parte que máis me gustou foi cando o seu compañeiro de cuarto, Miguel,douse de conta de que quería a Emilio, e que o botaba de menos, polo que decidiu ir vivir con el á segunda planta.
A parte que me parece máis triste do libro foi cando o protagonista se entereou de que tiña alzheimer e quixo subir á segunfda planta, para saber como eran os que estaban alí e que era o que realmente pasaba alí.
E a parte que máis me gustou foi cando o seu compañeiro de cuarto, Miguel,douse de conta de que quería a Emilio, e que o botaba de menos, polo que decidiu ir vivir con el á segunda planta.
MIGUELANXO PRADO: ARDALÉN
XIANA VILLAR FRANQUEIRA OPINA SOBRE ARDALÉN
Este é o debuxo que máis me gustou... Todos no campo vendo pasar baleas....
Este é o debuxo que máis me gustou... Todos no campo vendo pasar baleas....
26/6/13
RELEMBRANDO E RECITANDO A ROSALÍA: OS VERSOS EN BOCA DE SARA MAROTO
"A súa actuación pareceume estupenda, vivía con paixón cada palabra, cada coma e cada silencio, articulando, aínda con problemas, os versos de Rosalía e doutros poetas. As súas expresións contaxiábannos con esa solemnidade e elegancia con que nalgúns momentos ela calaba o mundo, e noutras ocasións reflectía a súa dor. Sorprendeume moito a súa memoria, sobretodo en "Airiños da miña terra", sen dubidar comezou con gran forza e rematou coa mesma, ou incluso máis. A súa entoación, aínda que ás veces temblorosa, pareceume extraordinaria, sen baixar a voz en ningún dos seus versos, unicamente deixándoa morrer ao final. En "Adiós ríos, adiós fontes" pareceume ver a dor que sentía tras deixar Galiza atrás e emigrar cara a un lugar que resultaba estraño ao corazón.
Pero, sen embargo, o que máis me conmoveu foi coñecer a súa historia e como o azar lle fixo atopar esa paixón pola poesía. Loitar contra os anos para facer o que quería, recitar poesía e vivir en Compostela". (Mar Pérez Sar, 4º ESO)
"Pareceume moi interesante, realmente emotivo o recital dos poemas. Ao coñecer a experiencia da emigración de primeira man, os poemas "Airiños da miña terra" e "Adiós ríos, adiós fontes..." parecéronme cargados de sentimento, de tristeza e de un sen fin de experiencias pasadas, facendo que case me emocionase no momento. Conmovedora sen dúbida a historia da vida de Sara. Unha historia de sufrimento, emigración, morriña, superación e paixón pola literatura." (Tomás Otero Casal, 4º ESO)
"Sara falounos da súa vida, de como tivo que marchar para Arxentina, de como lendo os poemas de Rosalía se entristecía, porque dicían que cadaquén debía morrer na súa terra, entón en Sara medrou o desexo de voltar a Galicia." (Martín Meijide, 4º ESO)
UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO
UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO
Ramón Carredano Cobas.
Por Sara Barbeito Herrero. 3º S
Este pequeno libro gustoume moitísimo. Martiño soña cunha gran aventura na nao Santa María que foi moi real para el, e para min. Cantas veces desexei eu soñar un día que navegaba con Jack Sparrow polo Caribe?
Pareceume un libro moi entretido, graciosos e divertido. Martiño é un personaxe moi simpático. O que máis me chamou a atención ao principio foi o título, por que non o entendía. Ao final, cando Fernán lle entregou a moeda, entendino rapidamente. O das distintas partes do barco? Eu lera un libro que fala sobre piratas ao longo da Historia e nunha páxina había un barco coas súas partes explicadas e con nome, polo que entendía case todas porque xa as coñecía e algunha escapábaseme, pero volvía a miralo. O que máis me gustou foi o paxaro, Trinquete; eu ao principio xa sospeitaba de que se trataba dun soño e que Martiño escoitaba ao paxaro de verdade desde a súa habitación. Pero o que máis me impresionou foi a nota final do autor, na que explica que a nao Santa María, "A Gallega", afundiu e que un grumete chamado Martiño desapareceu mentres manexaba o temón. Iso si que me gustou moito. Grazas por recomendarme este libro, quedei moi contenta.
Ramón Carredano Cobas.
Por Sara Barbeito Herrero. 3º S
Este pequeno libro gustoume moitísimo. Martiño soña cunha gran aventura na nao Santa María que foi moi real para el, e para min. Cantas veces desexei eu soñar un día que navegaba con Jack Sparrow polo Caribe?
Pareceume un libro moi entretido, graciosos e divertido. Martiño é un personaxe moi simpático. O que máis me chamou a atención ao principio foi o título, por que non o entendía. Ao final, cando Fernán lle entregou a moeda, entendino rapidamente. O das distintas partes do barco? Eu lera un libro que fala sobre piratas ao longo da Historia e nunha páxina había un barco coas súas partes explicadas e con nome, polo que entendía case todas porque xa as coñecía e algunha escapábaseme, pero volvía a miralo. O que máis me gustou foi o paxaro, Trinquete; eu ao principio xa sospeitaba de que se trataba dun soño e que Martiño escoitaba ao paxaro de verdade desde a súa habitación. Pero o que máis me impresionou foi a nota final do autor, na que explica que a nao Santa María, "A Gallega", afundiu e que un grumete chamado Martiño desapareceu mentres manexaba o temón. Iso si que me gustou moito. Grazas por recomendarme este libro, quedei moi contenta.7/4/13
A ESCOLA DOS MEUS AVÓS: Aser, Pedro (3º T)
A Escola dos Avós
Nome
e Apelidos: Florentina Otero Balsa (Avoa
de Pedro)
Idade:
77
Outros
Datos: Viviu en Holanda e en Monteagudo,
tivo dous fillos, traballou ata a xubilación e actualmente vive en
Coira.
A
que escola fuches?
Á
escola de Chaian.
Como
era a clase?
Era
un único edificio e había nenos de todas as idades.
Como
eran os horarios de clase?
De
9:00 a 13:00 e de 15:00 a 18:00.
Que
material utilizábades?
Usábamos
cadernos, lapis, pizarra e xiz.
Como
eran os profesores?
Os
profesores eran bos e "facíamos o que queríamos" *risa*.
Algún
recordo bo?
Xogos
entre todos.
Algún
recordo malo?
Cando
chovía e tíñamos que ir a clase.
Actividades
extraescolares?
Xogos,
etc.
Algún
compañeiro co que xogaras fóra do horario escolar?
Dorinda
era rubia de ollos verdes, tamén estaba Maruxa, que tiña o pelo
castaño e ondulado.
Estas son as
preguntas á miña súper avoa!
UNHA CLASE NA ESCOLA
DE 1940
Nome
e Apelidos: Cándido García Álvarez
(Avó de Aser)
Idade:
74
Outros
Datos: Viviu en Santiago na xuventude,
ten a carreira universitaria de química, foi alférez no exército,
tocaba a bandurria, ten tres fillos e unha filla, traballou no CSIC
en Santiago e actualmente vive en Vidán.
A
que escola fuches?
Cando
era pequeno fun Ás Huérfanas e logo Á Milagrosa.
Como
era a clase?
Eran
nenos para un lado e nenas para outro.
Como
eran os horarios de clase?
Entraba
ás 9:00 e saía ás 13:00 e pola tarde non me acordo (risas...).
Que
material utilizábades?
Cadernos
e lapis.
Como
eran os profesores?
Nas
Huérfanas había monxas, algunhas eran boas e outras non. Na
Milagrosa, o profesor que tíñamos foi o mellor que tiven nunca.
Algún
recordo bo?
Xogar
cos compañeiros.
Algún
recordo malo?
Cando
entrábamos Nas Huérfanas, tíñamos que entrar en fila india e co
dedo nos labios para non falar, non me gustaba nada.
Actividades
extraescolares?
Non,
pero de cando en vez saíamos ao parque.
Algún
compañeiro co que xogaras fóra do horario escolar?
Xogaba
cos veciños a xogos deses coma o trompo.
Aser García
Fernández
Pedro Suárez
Iglesias
Febreiro 2013
A ESCOLA DOS MEUS AVÓS: Ángela, Inés, Thais (3º T)
A
ESCOLA
DOS
MEUS
AVÓS
A persoa entrevistada, Carmen Viqueira, é unha muller de 70 anos nacida en Villestro, Santiago de Compostela. No referente aos estudos e á escola, foi unha persoa que como moito ía dúas ou tres veces na semana á escola. A razón? Tiña que coidar das leiras e do pouco gando que había na familia.
Os
poucos días que ía á escola, antes de ir a ela, tiña que deixar
xa feitas as cortes e as leiras xa traballadas, e se non lle daba
tempo non ía, xa que primeiro era a familia para que ao cabo do día
puidesen levar algo que comer á boca.
Fun
principalmente á Escola Unitaria de Villestro, pero logo como non
podía ir tanto, fun a unha casa onde vivía un mestre e alí, na súa
casa, impartía a clase. Nesa casa, non había ninguén que non saíra
aprendido co básico (ler e escribir, e sumar e restar), porque o
mestre tiña moi mal carácter.
-
Existe
a escola á que acudiu?
Non,
pero a Escola Unitaria de Villestro hai 5 anos aproximadamente que
pechou, aínda que non estaba no mesmo lugar ao que eu fun.
-
Como era a clase?
A
clase era normal. Había nenos e nenas, pero os nenos estaban na
esquerda e as nenas na dereita, é dicir, que estabamos separados por
un espazo ancho.
Na
clase había un mapa físico e político de España e un dicionario
gordísimo na mesa do profesor. Os pupitres eran vellos e a madeira
algo xa vella tamén. Escribíamos con carboncillo e se non o
collíamos correctamente levabamos coa regla no pescozo ou tirábannos
das patillas. Tamén tiñamos ábacos na clase para aprender a sumar
e restar e os máis listos e os que máis ían a clase, a multiplicar
e dividir.
- Cal
era o horario das clases?
As
clases comezaban ás 9 da mañá e remataban ao redor da 13:30-14:00
da tarde, pero claro, iso era para os rapaces que podían ir. A
mayoría ía á escola dous días á semana porque tiñan que coidar
da casa, dos irmáns ou familiares pequenos, mentres os seus pais
estaban na leira ou nas cortes ou porque había que sachar nas
leiras.
-
Que materias tiña?
Tiña
as cinco materias básicas que había en todas as escolas e que
estaban todas nun mesmo libro chamado o “Grado Medio”, e tamén
lle chamábamos o “Libro gordo de petete”, e todas estaban
impartidas polo mesmo mestre. As materias eran as seguintes:
-
Matemáticas
-
Lingua Castelá
-
Historia de España
-
Xeografía
-
Ciencias Naturais
-
Tiña algún compañeiro/a que sobresaíse?
Había
un neno que se chamaba Jacobo e que era menos listo ca os demais. O
profesor sempre se poñía dos nervios con el, porque por moito que o
profesor facía por ensinarlle, el non daba aprendido as leccións. O
pobre, sempre estaba castigado ou de rodillas ou de pé cara á
parede.
Despois,
había unha nena que era a máis lista de todos, pero tamén influía
que ía todos os días á escola e así podíalle explicar mellor o
profesor as leccións. Tamén chegaba á casa e non tiña moito que
facer con respecto á axuda na familia, así que podía estudar as
lecións mentras o resto da clase estaba nas leiras ou nos cortellos.
Esta nena, María, foi a que máis sobresaía e acórdome dela
perfectamente.
-
Como
era o profesorado?
O
profesor, chamado Don Xaime, era moi estrito, pero á vez era bo,
comparado cos demais profesores que podían ter outros nenos. Iso si,
tiña moi mal xenio e cando algún alumno non contestaba a lección
do día anterior, levaba coa regra no pescozo ou nas mans, ou incluso
algún neno mandábao poner de rodillas e con dous dicionarios, un en
cada man.
-
Recordos
bos e malos do colexio:
O
que máis recordo do colexio era cando saíamos ao recreo, que
xogábamos todos xuntos á “Mariola”, á corda, cos trompos, etc.
Pasábamolo moi ben e era o mellor de toda a mañá.
O
recordo que menos me gustaba era cando levabas algunha vez coa regra
ou tiñas que estar de pé toda unha clase.
-
Actividades
extraescolares:
Non
había excursións como hai agora, nin tampouco líamos libros porque
se non había cartos para mercar comida, non ían mercar un libro e
aínda por riba co que custaban antes. As únicas cousas que facíamos
fóra da escola eran traballar as leiras, axudar na casa, coidar dos
familiares pequenos, coidar do gando, e se sobraba algún anaco de
tempo, estudabar para que lnos soase a lección para o próximo día
que fóramos á escola.
-
Que
materias lle gustaban máis?
A
asinatura que máis me gustaba era a de Xeografía, xa que me
gustaban moito os mapas e interesábame moito saber onde estaba un
río, unha provincia, etc.
Ángela Daniela Zapata Ruíz
Inés
Vázquez Valiñas
Thaís
Silva Antelo.
22
de Febreiro de 2013.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





