29/6/15
NEOTROBADORISMO: ÚLTIMAS COMPOSICIÓNS
28/6/15
CANTIGAS MEDIEVAIS PARA AS LETRAS 2015
CANTIGAS NEOTROBADORESCAS de IVÁN mais ESTEBAN
A NATUREZA NAS CANTIGAS NEOTROBADORESCAS
ALBERTO ALVAREZ CAAMAÑO (3º ESO) recítalle ás "Follas do verde pino", moi inspirado nas cantigas medievais, ou non?
CANTIGAS NEOTROBADORESCAS NO IES EDUARDO PONDAL
Pedro SACO VILA (3ºESO) deléitanos cunha simpática cantiga satírica contra o estrés diario dun estudante...
CANTIGAS NEOTROBADORESCAS DE CARLOS E DAVID
DAVID VIEITES MARTÍNEZ (4º ESO). Aí che vai a túa cantiga! Pensei que non a daba subido!
CARLOS ANTELO PAZO (4º ESO), tamén está a túa, pero non pasei tres horas con ela....
NEOTROBADORISMO: CANTIGA DE AMOR.
LETRAS 2015: AS MULLERES TAMÉN TROBAN
O NEOTROBADORISMO: UNHA AVANGARDA PROPIA GALEGA
O CURRUNCHO DA LECTURA
Espertou sobresaltado. Non lle gustaba
o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa
beira. Asustado, acendeu a luz e, ao momento, volveu a escuridade
outra vez. Era unha sensación estraña a que sentía. Non se sentía
realmente no seu corpo. De feito, atopábase dentro del flotando, sen
capacidade para movelo. Nese momento, el era só os seus pensamentos,
ideas, opinións, sentimentos e todo iso estaba pechado nun corpo
material que semellaba inerte ao que non podía controlar.
Aquel movemento de brazo fora o último
que percibira a través dos sentidos. Despois todo se sumira nunha
tranquilidade e unha calma absolutas; un benestar que xamais
experimentara inundaba o ser inmaterial no que se convertera. Só
había algo que o retiña naquela escuridade exterior. O corpo que
unha vez lle pertencera interpúñase entre as tebras e a
luminosidade que se supuña que viña despois. O corpo estaba
oprimíndoa pouco a pouco, coitando contra os desexos do seu espírito
de liberarse, de deixarse levar polas cousas boas do mundo e expulsar
todos os malos sentimentos acumulados. Nembargantes, a súa vontade
resistía e intentaba apropiarse da forza que lle quedaba ao seu
corpo material. O único que desexaba a súa alma era cegar a ese
lugar onde todo estaría desbordando paz, un lugar idílico.
A loita entre ambas partes continuaba
e, pouco a pouco, o seu espírito gañaba terreo sobre o corpo. A
busca do ben e da felicidade impúñase ao desexo do corpo por ficar
naquel mundo material cheo de sentimentos negativos. E comezou a
ascensión cara ao ceo. O seu positivismo aumentaba, todo se vía
máis bonito dende esa perspectiva. Todos os seus sentimentos malos
íanse liberando. Aquilo era todo o bo que se podía soñar. ADRIANA VENCE NOGUEIRA (4º ESO)
O CURRUNCHO DA LECTURA
O baleiro
Espertou sobresaltado.
Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada
encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na
habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama,
mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo.
Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do
pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó
da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa.
Pero non lle respondían. Golpeou o chan e as paredes, levantou
baldosas e abriu buratos no teito. Nin rastro. E "tic-tac,
tic-tac", o tempo corría. E non atopaba o que non lle deixaba
dormir, o que o perseguía nos soños. E quixo falar. E quixo berrar.
Pero non era capaz. Intentou abrir a porta da habitación, mais o
picaporte non cedía, estaba frío coma o xeo. Agobiado, sen alento,
volveu a intentalo. Volveu a tocar o picaporte, primeiro coas xemas
dos dedos. E unha corrente de aire e frío o volveu a recorrer por
dentro. Agarrou agora o picaporte, con toda a man, e fixo forza para
abrir a porta. Pero o seu esforzo non servía de nada, o picaporte
seguía igual que antes. E a porta pechada. Non se abría. Intentou
berrar outra vez, con todas as súas forzas, pero só lle saiu un
xemido, un berro afogado. E "tic-tac, tic-tac", o tempo
corría. "Tic-tac, tic-tac", resoaba na súa cabeza.
"Tic-tac, tic-tac". Estaba sudando, era un sudor frío,
coma o picaporte. Un sudor que cheiraba a desesperación. Deulle unha
patada á porta e intentou berrar outra vez. E, outra vez, foi un
berro lastimeiro, afogado, desesperado, amedrentado. Non podía saír.
Non atopaba o que buscaba. E nin sequera Artemisa, a Lúa, lle dicía
onde estaba. E o agobio podía con el. "Tic-tac, tic-tac".
A tolemia apoderábase da súa mente. "Tic-tac, tic-tac". O
reloxio. Colleuno con forza e tirouno contra o chan. Este reventou, e
todas as engranaxes quedaron esparcidas. E colleu un puñado delas e
tirounas contra as paredes intentando berrar outra vez. Sentou no
chan dando golpes e cortouse co cristal do reloxio. "Tic-tac,
tic-tac". Non paraba. Non era o reloxio. Era a súa cabeza.
"Tic-tac, tic-tac". Estaba tolo. Desesperado. A frustración
podía con el. Levantouse intentando berrar, intentando coller aire.
Conseguiu acercarse á fiestra. Abriuna. "Tic-tac, tic-tac".
A loucura, a desesperación, o agobio e a frustración non o deixaban
pensar. Sacou a cabeza fóra e intentou respirar. Colleu aire fresco.
"Tic-tac, tic-tac". Non paraba. Cada vez máis. Pero grazas
ao aire agora podía berrar. E berrou. E berrou máis aínda. Pero o
agobio non o abandonaba. O agobio medraba. O agobio toleábao. O
agobio amedrentábao. "Tic-tac, tic-tac". Cando xa non
puido máis, preguntoulle ás estrelas que onde estaba o que buscaba,
e, cada vez máis desesperado, ao ver que non lle respondían, saltou
ao baleiro pola ventá.
Espertou sobresaltado.
Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada
encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na
habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama,
mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo.
Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do
pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó
da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa...
Helena Santidrián Mas
7.10.2014
EXPOSICION DE ESOPIAS E FOTOGRAFIA MATEMÁTICA
Exposición de esopías elaboradas por alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO.
Unha ESOPÍA é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Comprobade se as esopías cumpren o requisito de teren o número de letras igual ao número π. CANTIGAS NEOTROBADORESCAS PARA AS LETRAS 2015
CANTIGAS NEOTROBADORESCAS EN LEMBRANZA DE FILGUEIRA VALVERDE. LETRAS GALEGAS 2015
Adriana Vence Nogueira (4ºS) interpreta a súa composición "Ondiñas da ría da Arousa".
Alvaro Pérez Laranga (4ºS) recrea o diálogo entre unha amiga e o seu namorado, que se atoparon nunha "silveira".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)