26/11/11

LOIS DIÉGUEZ ADÍCALLE "A POUTADA DO OSO" AO CLUBE DE LECTURA

O xoves 24 de novembro presentouse na Libraría Couceiro a última novela do escritor Lois Diéguez, "A poutada do Oso", que recolle a popular celebración da baixada do Oso en Salceda, o luns de Entroido da Póboa de Brollón.
Estiveron no acto Pancho Pillado, director da Editorial Laiovento, que explicou a precaria situación actual de aqueles que en Galicia pretenden seguir publicando libros en galego; Filipe Senén, director do Museo de San Antón, que realizou o debuxo da portada, e que nos fixo unha preciosa representación do Oso coas chocas no exemplar do Clube de lectura;
a escritora Teresa Moure, que leu un precioso conto da súa autoría no que nos narrou 

como unha loba con dous lobatiños protexeu a unha rapaciña no camiño á casa, e , evidentemente, o propio Lois Diéguez que, logo de falarnos da obra,  adicoulle o libro ao noso Clube de lectura.
Pensamos que sería moi bonito irmos o luns de Entroido a Salcedo, para que o Oso nos enfouce a cara coa súa pouta chea de lama.

Para o Clube de Lectura Outros Mundos Para-lelos do IES Eduardo
Pondal (uf!!) esta novela que é longa, pero non tanto como o IES.
 Coa miña amizade e parabéns polo seu traballo.
Compostela, 24-11-2011. Lois Diéguez


25/11/11

PAROLANDO CON PERE TOBARUELA

 O martes 22 de novembro tiñamos unha cita moi esperada. Íamos á Libraría Couceiro para termos un encontro co escritor Pere Tobaruela, do que algúns leran o libro Na cerna da selva e outros leran A cripta do Apóstolo, e a profe Poñente, a súa última novela en galego para maiores. O que máis nos chamou a atención foi que, sendo catalán, escribe en galego, e que veu vivir a Galiza hai seis anos, por amor. Que bonito!


Ao pasarmos pola Alameda, fixemos unha foto coas dúas Marías. Aí estamos, 3º T.

Pere Tobaruela pareceume un rapaz tan normal como calquera outro, ao que non se lle subiron os aires á cabeza por ser escritor. Polo tanto a charla que nos dou foi moi agradable, xa que falaba connosco de todo, preguntabamoslle o que queriamos e el respondía a todo sen nengún problema. As respostas que dou ás nosas preguntas foron moi claras, e nótase que sabe do  
que fala, que ten interese polos temas dos que realiza o seu libro. Quizá a charla podería durar un pouco máis, pero estivo moi ben.
              Marta Gesto Suárez, 3º T

O encontro con Pere Tobaruela encantoume moito, porque me pareceu un home que se interesa moito polos seus lectores e gústalle estar en contacto coa xente, e vese que é unha persoa humilde, e moi simpática connosco. Tamén me gustou que nos contase anécdotas dos seus compañeiros de profesió e as súas propias, e que falaramos a fondo dos libros que algúns da clase leramos previamente, e explicounos como se lle ocuriran ou como tivo que facer para comezar a escribilos. Foi moi amable connosco, aínda que tiña apuro por marchar, sacou fotografías connosco, adicounos libros... E eu son o de verde que escoita tan atentamente, en primeira fila, eh???
Pablo Romero Pérez, 3º T 

 Pere Tobaruela pareceume unha persoa do máis normal, un pouco inquieto, pero normal,chamoume a atención que levara pendentes, normalmente os escritores son máis serios, non sei.
Caeume moi ben. O único problema que ten é que, cando lle faciamos algunha pregunta, falaba dun monte de cousas, pero non respondía a pregunta, ou iso me parecía a min.
É un bo escritor, eu estou lendo o seu libro Na cerna da selva e de momento gústame. Caeume ben, porque non parecía o típico que só por ser escritor xa se cre dos mellores ou algo polo estilo.
Delfina Lucía Francisco Lumingu, 3º T 


De: Alicia no país das marabillas.
Para: Pere Tobaruela, un gran escritor que non busca na wikipedia e ten un gran traballo, que nos inspira a moitos.
         A charla de Pere Tobaruela foi unha das cousas que máis me gustou da visita. Foi moi cercano a nós e non só pola forma de andar ao redor de nós, senón por como se expresaba e nos facían entender ao que el se adica.
Gustoume moito a súa forma de falar sobre Galicia,  
supoño que nós non nos damos conta das moitas cousas que dixo sobre ela, xa que el, ao ser estranxeiro e vir para aquí, dálle máis importancia a cousas que nós non lle damos.
Chamoume a atención o seu galego case perfecto e como contestou a miña pregunta, pensei que se enfadara polo da wikipedia, pero foi moi amable de dicirme todo o que traballara para facer aquela gran descrición que tiña de África o libro.
Foi moi divertida a pregunta que nos contou de "De que vai o libro?", que lle fan sempre os da prensa, e que nos contou en segredo que a súa opinión é que os xornalistas deberían informarse antes, coincido con el. Tamén foi moi amable en convidarnos a levarnos con el a esa viaxe, e á hora de sacar as fotos, e a súa dedicatoria que me fixo no marcapáxinas.      Alicia Fernández González, 3º T

O encontro co escritor Pere Tobaruela estivo moi ben, e unha das razóns diso foi que, en vez de facer coma outros que falan e falan sen parar, fixo a súa charla máis dinámica e didáctica animando a que os rapaces lle preguntasen e comentasen. Escoitándoo  entereime de moitas cousas, como que está en Galicia por amor  e que Galicia lle gusta                                                                      máis que Barcelona polo seu ritmo de vida,
Para o Clube de lectura Outros mundos para-lelos.
Un libro, un mundo. Compartir é vivir.
Pere Tobaruela. Outono 2011.
tamén aprendín que para escribir un conto sobre outro país non fai falta ir a el, só chega con informarse moito. Impresionoume que co tempo que leva en Galicia fale tan ben o galego e mesmo que teña algo de acento.     
     Manuel Castro Búa, 3º T 

A charla con Pere Tobaruela pareceume o máis divertido da visita. Contounos as razóns polas cales el escribía, a lóxica dos seus libros, etc... Ademais amosouse moi amable connosco, deixábanos dar a opinión dos libros que leramos, como A cerna da selva ou A cripta do apóstolo e enumerounos as razóns polas cales quería resaltar os temas que trata súas  novelas.
                                                                                     Tamara Cerqueiro Rey, 3º T
  
A charla con Pere Tobaruela pareceume moi interesante, porque estivo moi cercano a nós, moi amable, contestou a todas as nosas preguntas, falou educadamente, en galego, sendo catalán, explicou moi ben as 
cousas, asinounos o que lle pedimos, foi moi
Para o Clube de lectura Outros mundos para-lelos.
Galicia-Cataluña, os meus mundos con lingua propia.
Pere Tobaruela. Outono 2011
xentil con todos nós, explicou moi ben os seus libros, as informacións, díxonos como é a vida dun escritor profesional e explicóunola moi ben. Realmente foi moi amable e paréceme que o feito de que se reúna connosco un escritor profesional, que nos explique cousas da súa vida, que nos trate tan ben, que nos asine libros e marcapáxinas, que conteste as nosas preguntas sobre el e máis sobre os seus libros e que nolos explique, está moi ben e demostra que é unha persoa completamente normal, coma calquera de nós, e que como el nos dixo "ser escritor non é inaccesible, é unha profesión como calquer outra". Pareceume ben que nos incitase a ser escritores, e que nos falara galego, en vez de castelán, porque sendo catalán, non tiña por que esforzarse en falar galego tanto, sempre e tan ben.
                 Ana Seijo Calvo, 3º T

A libraría Couceiro, un lugar de encontro para a lectura:
libros, lectores e escritores.


VISITAMOS A LIBRARÍA COUCEIRO

Fundada en Santiago de Compostela en 1969, a Libraría Couceiro é, hoxe en día, o establecimento con máis tradición na venda de libro galego dentro da Galiza.

A visita á libraría pareceume que estivo moi ben,
porque nunca vira unha libraría con tantos 
tipos de libros, e ordenados por plantas e segundo o que trataban, tamén porque tiña moitos libros vellos que xamais vira, nin me imaxinaba que poderían ser así. O persoal que alí traballa guiounos e explicounos as diferentes seccións, deixándonos coller e follear algún dos exemplares para que se fixera máis amena, por iso se me fixo interesante.
Por outra parte, cando chegamos ao obradoiro de encadernación, vin que era moi distinto da idea que tiña
eu na cabeza. Tal e como nos explicou a maneira na que
restauraba os libros antigos e vellos e os ía pasando por cada fase, ensinábanos con queutensilios o facía, gustoume, porque o  fixo detidamente e logrei captar a información de todo. Asombroume  tanto como os restauraba que, nalgún momento, teríame gustado poder facelo a min tamén. 
                                            Alicia Suárez Cao, 3º T.

 
A min a visita á libraría pareceume unha experiencia moi interesante, porque eu antes non sabía que existía e agora que o sei paréceme que é unha gran libraría, porque ten todo tipo de libros.
O do obradoiro de encadernación foi moi enriquecedor, porque nos explicaban como era o oficio de encadernar artesanalmente libros.
O que máis me gustou foi poder tocar o pergamiño e os libros máis antigos, porque algúns deles estaban forrados con pel antiga e auténtica.
                 Manuel Castro Búa, 3º T

Esta visita á Libraría Couceiro gustoume, o primeiro foi ir a pé ata alí desde o noso instituto, o Eduardo Pondal, xa que ir camiñando todos xuntos por Santiago é xenial.
En segundo lugar, a libraría era preciosa, as estanterías cheas
de libros, as escaleiras, os libros antigos que tiñan, o taller
de encadernar...
Pero o que máis me gustou foi o detalle de regalarnos
marcapáxinas e de deixarnos andar a mirar os libros que
quixeramos, sabendo que algúns deles son moi vellos.
O obradoiro estivo ben, encadernar os libros antigos e vellos dá moito traballo, polo que nos contou. Cando xa estaban encadernados eran moi bonitos e case parecían novos.
Tamén me gustou que unha das donas da libraría nos explicara que tipo de libros había en cada andar e que nos sacara fotos, porque a nosa cámara non as sacou nada ben, todas movidas, unha pena.
En xeral foi unha boa excursión,  portáronse moi ben connosco e deixáronnos bastante estar ao que quixeramos, algúns mirando libros de cociña, de deportes, de coches...
Chamoume moito a atención, á parte dos exemplares tan antigos que tiñan, as súas grandes ventás, que iluminaban o interior da tenda.
Contáronme que é unha das librarías máis recoñecidas en Galicia e doulles a razón. Non sabía dela, pero agora xa podo comprar alí algún libro.
                                        Alicia Fernández González, 3º T


A visita pareceume moi entretida, xa que nos explicaron a organización das librarías, as
seccións que teñen, onde podemos encontrar o exemplar desexado...

Tamén me gustou porque nos amosaron a maneira de encadernar de forma artesanal os libros antigos en mal estado, os materias que empregan, a maquinaria que necesitan...
A sección que máis chamou a miña atención foi a infantil e xuvenil, pola súa decoración. Dixéronnos que alí, de cando en vez, un contacontos entretiña aos máis pequenos.
A sección de libros de historia de Galicia pareceume moi interesante, xa que tiñan libros de todas as épocas da súa historia.
                   Tamara Cerqueiro Rey, 3º T

MARÍA e PABLO: MOITAS GRAZAS

23/11/11

LER, PARA QUE?

LER, PARA QUE?

Para vivir máis
Para deter o tempo
Para saber que estamos vivos
Para saber que non estamos sos
Para saber
Para aprender
Para aprender a pensar
Para descubrir o mundo
Para coñecer outros mundos
Para coñecer aos outros
Para coñecérmonos a nós mesmos
Para compartir un legado común
Para crear un mundo propio
Para rir
Para chorar
Para consolarnos
Para desterrar a melancolía
Para ser o que non somos
Para non ser o que somos
Para dubidar
Para negar
Para afirmar
Para fuxir do ruído
Para combater a fealdade
Para refuxiarnos
Para evadirnos
Para imaxinar
Para explorar
Para xogar
Para pasalo ben
Para soñar
Para crecer
Victoria Fernández

17/11/11

PRESENTACIÓN DE "A POUTADA DO OSO", A NOVA NOVELA DE LOIS DIÉGUEZ


















O próximo día 24 de novembro, xoves, ás 20 h., a editorial Laiovento presentará a novela de Lois Diéguez, A poutada do Oso, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6).


O acto iniciarase coa proxección do DVD "De Albre de espranza á Poutada do Oso".

Deseguido intervirán: Francisco Pillado, director da editorial Laiovento; Filipe-Senén López, arqueólogo e museólogo; Teresa Moure, escritora, e o autor.

Entre as 19 e as 20 h. Lois Diéguez estará á vosa disposición na Libraría Couceiro para a sinatura de libros, acompañado de Filipe-Senén, que vos fará uns fermosos debuxos.
Santiago de Compostela, novembro de 2011.


GUSTARÍANOS CONTAR COA TÚA PRESENZA

16/11/11

UNHA APERTA DE LIBRO



Que doce sentir que un libro te abraza...

MENÚ DE ENGANOS de Manuel Núñez Singala













Este é un libro de contos, estruturado como se dun menú se tratase, aperitivos, entrantes, primeiros pratos, segundos, sobremesas... Todos os contos están baseados nun nó que os une: os enganos, os calotes... Vendo o libro como un todo, é algo que paga a pena ler: son historias interesantes, críticas moitas delas da sociedade actual, outras románticas... En troques, polo miúdo, algúns deles semellan ser metidos á forza, xa que son moi curtos e non gardan relación cos outros ("Conmutador", "Meteogalicia"...). Porén, hai contos que si merecen a súa inclusión no libro, por seren de boa calidade, interesantes, críticos..., sobretodo os contos dos primeiros e segundos pratos. Non é "o mellor libro do mundo" pero si merece que se lle dea unha oportunidade.

OLLOS DE AUGA de Domingo Villar

A verdade é que esta novela policiaca me gustou moitísimo, sobretodo porque conseguiu engancharme de tal xeito que non podía parar de ler ata descubrir o que acontecera. O libro tamén me pareceu moi divertida e graciosa, grazas a Rafael Estévez e o seu sentido do humor tan característico. Non adoito ler libros deste estilo, pero agora penso empezar a facelo porque realmente son moi entretidos. Conforme ía lendo, íame imaxinando todo na miña cabeza: o morto, o comisario, o pub Idílico, a comisaría... e iso só ocorre cando un libro me gusta realmente. Ademais tamén me parece moi real, xa que é moi habitual botarlle as culpas a alguén porque a meirande parte das probas apunten cara a el e non se pensa e reflexiona con claridade.
En conclusión o libro pareceume moi entretido e interesante e ao mesmo tempo divertido.
Rebeca Montoiro, 4º ESO

AIRE NEGRO de Agustín Fernández Paz

Unha das características polas que destacaría este libro é polo seu tema, os temas sobrenaturais, a posibilidade da existencia de algo máis alá, ese tema gustoume moito. Tamén me impresionou o tratamento que lle dá, a maneira de mesturar o natural co sobrenatural, a vida cotiá con cousas que ninguén nunca crería. Esa é a principal característica que me fascinou do libro. Outro rasgo que me gustou foi como trata o tema do amor, Laura desde adolescente está namorada de Carlos e, a pesar de que hai outro home na súa vida, o recordo do seu primeiro amor non se esvae. Tamén destacaría do libro a súa facilidade de lectura e a utilización do flash-back que fai a lectura máis amena. Algo que non me convenceu de todo foi o tráxico final. Para o meu gusto, cambiaríao.
Sarela Barreiro, 4º ESO

3/11/11

ENCONTRO CON PERE TOBARUELA

Organizado polo clube de lectura, o próximo día 22 de novembro, un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO asistirá a un "Encontro cos escritores" na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. O autor que nos vai recibir é PERE TOBARUELA, catalán afincado en Rois desde hai anos, e que adoptou o galego como lingua habitual, tanto na fala como na escrita. Varios dos seus libros tocan temas relacionados con Compostela ("A cripta do Apóstolo" e "Na cerna da selva").

2/11/11

DRAGAL I e DRAGAL II

Elena Gallego Abad agasállanos coa historia de Dragal, un dragón galego. É unha triloxía, coa historia de Hadrián, da que só se levan publicadas dúas partes ("A herdanza do dragón" e "A metamorfose do dragón"). A ver que opinan Eva e Valeria desta única e continuada historia en dúas partes, cuxa terceira parte esperamos con ansiedade.