28/6/15

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS NO IES EDUARDO PONDAL

 Pedro SACO VILA (3ºESO) deléitanos cunha simpática cantiga satírica contra o estrés diario dun estudante...

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS DE CARLOS E DAVID

DAVID VIEITES MARTÍNEZ (4º ESO).  Aí che vai a túa cantiga! Pensei que non a daba subido!

CARLOS ANTELO PAZO (4º ESO), tamén está a túa, pero non pasei tres horas con ela....

NEOTROBADORISMO: CANTIGA DE AMOR.

MIGUEL JARDÓN FERNÁNDEZ de 4º ESO compón unha cantiga de amor, aínda que el nos diga que é de amigo: Ai, minha senhor!!! e inmediatamente despois deléitanos cunha cantiga de escarnho.

NEOTROBADORISMO

MARÍA BLANCO VALES (4º ESO) QUERE ATOPAR AO SEU AMIGO.

LETRAS 2015: AS MULLERES TAMÉN TROBAN

Magali Noa Alvarez González (4º ESO) adícalle una composición ao mar.

O NEOTROBADORISMO: UNHA AVANGARDA PROPIA GALEGA

Lucía Paz Aldrey (4º ESO) escribe e interpreta unha preciosa cantiga de desamor.

CANTIGAS NEOTROBADORESCAS PARA AS LETRAS 2015

NOA Fernández Moreira fala do seu amigo.

O CURRUNCHO DA LECTURA

Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e, ao momento, volveu a escuridade outra vez. Era unha sensación estraña a que sentía. Non se sentía realmente no seu corpo. De feito, atopábase dentro del flotando, sen capacidade para movelo. Nese momento, el era só os seus pensamentos, ideas, opinións, sentimentos e todo iso estaba pechado nun corpo material que semellaba inerte ao que non podía controlar.
Aquel movemento de brazo fora o último que percibira a través dos sentidos. Despois todo se sumira nunha tranquilidade e unha calma absolutas; un benestar que xamais experimentara inundaba o ser inmaterial no que se convertera. Só había algo que o retiña naquela escuridade exterior. O corpo que unha vez lle pertencera interpúñase entre as tebras e a luminosidade que se supuña que viña despois. O corpo estaba oprimíndoa pouco a pouco, coitando contra os desexos do seu espírito de liberarse, de deixarse levar polas cousas boas do mundo e expulsar todos os malos sentimentos acumulados. Nembargantes, a súa vontade resistía e intentaba apropiarse da forza que lle quedaba ao seu corpo material. O único que desexaba a súa alma era cegar a ese lugar onde todo estaría desbordando paz, un lugar idílico.
A loita entre ambas partes continuaba e, pouco a pouco, o seu espírito gañaba terreo sobre o corpo. A busca do ben e da felicidade impúñase ao desexo do corpo por ficar naquel mundo material cheo de sentimentos negativos. E comezou a ascensión cara ao ceo. O seu positivismo aumentaba, todo se vía máis bonito dende esa perspectiva. Todos os seus sentimentos malos íanse liberando. Aquilo era todo o bo que se podía soñar.   ADRIANA VENCE NOGUEIRA (4º ESO)

O CURRUNCHO DA LECTURA

O baleiro
Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama, mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo. Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa. Pero non lle respondían. Golpeou o chan e as paredes, levantou baldosas e abriu buratos no teito. Nin rastro. E "tic-tac, tic-tac", o tempo corría. E non atopaba o que non lle deixaba dormir, o que o perseguía nos soños. E quixo falar. E quixo berrar. Pero non era capaz. Intentou abrir a porta da habitación, mais o picaporte non cedía, estaba frío coma o xeo. Agobiado, sen alento, volveu a intentalo. Volveu a tocar o picaporte, primeiro coas xemas dos dedos. E unha corrente de aire e frío o volveu a recorrer por dentro. Agarrou agora o picaporte, con toda a man, e fixo forza para abrir a porta. Pero o seu esforzo non servía de nada, o picaporte seguía igual que antes. E a porta pechada. Non se abría. Intentou berrar outra vez, con todas as súas forzas, pero só lle saiu un xemido, un berro afogado. E "tic-tac, tic-tac", o tempo corría. "Tic-tac, tic-tac", resoaba na súa cabeza. "Tic-tac, tic-tac". Estaba sudando, era un sudor frío, coma o picaporte. Un sudor que cheiraba a desesperación. Deulle unha patada á porta e intentou berrar outra vez. E, outra vez, foi un berro lastimeiro, afogado, desesperado, amedrentado. Non podía saír. Non atopaba o que buscaba. E nin sequera Artemisa, a Lúa, lle dicía onde estaba. E o agobio podía con el. "Tic-tac, tic-tac". A tolemia apoderábase da súa mente. "Tic-tac, tic-tac". O reloxio. Colleuno con forza e tirouno contra o chan. Este reventou, e todas as engranaxes quedaron esparcidas. E colleu un puñado delas e tirounas contra as paredes intentando berrar outra vez. Sentou no chan dando golpes e cortouse co cristal do reloxio. "Tic-tac, tic-tac". Non paraba. Non era o reloxio. Era a súa cabeza. "Tic-tac, tic-tac". Estaba tolo. Desesperado. A frustración podía con el. Levantouse intentando berrar, intentando coller aire. Conseguiu acercarse á fiestra. Abriuna. "Tic-tac, tic-tac". A loucura, a desesperación, o agobio e a frustración non o deixaban pensar. Sacou a cabeza fóra e intentou respirar. Colleu aire fresco. "Tic-tac, tic-tac". Non paraba. Cada vez máis. Pero grazas ao aire agora podía berrar. E berrou. E berrou máis aínda. Pero o agobio non o abandonaba. O agobio medraba. O agobio toleábao. O agobio amedrentábao. "Tic-tac, tic-tac". Cando xa non puido máis, preguntoulle ás estrelas que onde estaba o que buscaba, e, cada vez máis desesperado, ao ver que non lle respondían, saltou ao baleiro pola ventá.
Espertou sobresaltado. Non lle gustaba o que estaba soñando. Estendeu o brazo e nada encontrou á súa beira. Asustado, acendeu a luz e buscou na habitación o que se metera no seu soño. Mirou debaixo da cama, mirou dentro do armario, abriu a xanela e nada, seguía sen atopalo. Buscou entre as páxinas dos libros, dentro dos zapatos, debaixo do pé da lámpada, nas agullas do reloxio... e nada. Preguntoulle ao pó da estantería, á madeira da porta, preguntoulle á luz da lúa...
Helena Santidrián Mas
7.10.2014