‘‘A ESCOLA DOS MEUS AVÓS’’
A educación para a
gran maioría de avós foi como a deste caso, moi poucos puideron chegar a
estudar graos superiores ou nas universidades. É este un exemplo máis de todas
aquelas persoas que lles tocou vivir naquela época, na que a educación non era
apta para todos os petos como debía ser. Moita xente, nin sequera chegou a ir,
e tiveron que aprender cando se viron na necesidade. É con isto co que nos
decatamos de que a educación é moi importante e debería de ser posible para
todos os rapaces, xa que é moi determinante para o desenrolo do futuro.
Constantino Castro Vázquez naceu no ano 1945, en Santiago de Compostela. Estivo na
escola López Ferreiro ata os 14 anos
onde sacou o graduado de Bachiller. Traballou de mecánico de chapa e pintura, e
agora está xubilado.

Constantino con seis anos.
·
Como eran os profesores cos alumnos?
A maior parte dos profesores eran malos, pegábannos con razón ou sen ela,
pero estaba ben, tíñano todo moi controlado. Impuñan respecto. A maior parte
dos rapaces tíñanlles moito medo ao profesores, por iso moitas veces non se
quería ir a clase.
·
Como era a túa clase?
Na
miña clase éramos mais ou menos trinta, e de todas as idades. O meu colexio
naquel momento era só de homes, logo non sei se mudou.
·
Que recordos tes do colexio?
Os
meus maiores recordos son os de cando me pegaban, claramente. Controlábannos
moito e non nos podiamos levantar, nin sequera movernos. Teño moitos recordos,
pero sempre me van quedar tres:
-Un
compañeiro que lle tiña medo ao profesor, tiña ganas de ir ao baño, pero o medo
non lle deixaba preguntar. Acabou cagándose enriba e logo todos facían que
cheiraba a cadeira para rirse del.
-Un
profesor queríalle dar coa regra nun pé a un rapaz. Cando lle ía dar, o rapaz
xirou o pé e o profesor rompeu a regra. Todos se riron, e o profesor díxolles
que a ver quen era o que lle levaba unha regra nova. Un para facerlle a pelota,
levoulle unha regra e o profesor díxolle: `Que bonita é, ven aquí que a imos
probar’, e comezou a darlle con ela.
-Íamos
por colexios participando en concursos de coro, e sempre quedabamos ben porque
senón pegábannos. Un día o máis alto da clase, o máis forte, desafinou, e cando
o profesor lle ía pegar, o rapaz deulle unha labazada, saíu correndo e saltou
pola fiestra. O rapaz non volveu ao coro, pero foi o noso heroe todo o curso.
·
Que soías facer despois do colexio?
Despois
do colexio miña nai mandábame coidar as vacas,limpar as cuadras, ir a por leña
para a lareira ou cousas así. Polo día sempre tiñamos tarefas que facer, entón
ás veces xogábamos a pelota e no verán íamos ao río.
·
Canto tempo estabas no colexio?
Tiñamos
catro horas de clase pola mañá e catro pola tarde. O patio era pequeno e cada
un xogaba ao que quería nos recreos. Ao que máis se xogaba era á pelota e á
corda. Cada un saía a hora que o profesor quería, non había hora fixa.
·
Que materiais utilizabades na clase?
Tiñamos un libro, o Catón, nel aparecían todas as materias e
escribiamos con pluma.
·
Cales eran as normas principais?
As
normas de clase eran practicamente como as da mili.Tiñamos que estar serios,
calados, sen levantarnos e pedindo permiso para todo.
·
Como era o día a día no colexio?
Sempre
nos puñan de pé e nos ían numerando para estudar e preguntarnos nesa orde ao
día seguinte. Abríamos o libro e como estaba dividido en apartados, estudabamos
só o que nos ía a tocar e o profesor pensaba que o sabíamos todo. O malo era que
cando alguén faltaba a orde cambiaba, así que os que non estudabamos todo, quedabamos
castigados. Cando nos castigaban dábannos cunha regra de madeira nas puntas dos
dedos das mans ou nos pés.

Constantino con once anos.
·
Sabes algo dos teus compañeiros?
Había
un rapaz que era moi listo, abría o libro cinco minutos e xa o sabía todo. Por
desgraza o outro día fun a Vigo e encontreino de vagabundo no porto pedindo.
Andrea Castro Jiménez
Antía Cruces García
María Pereira Maneiro
Paula Vilariño Gasamáns
No hay comentarios:
Publicar un comentario