30/6/13

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

Realmente gustoume moitísimo o libro. Non polo contido exactamente, senón pola maneira en que está contado. En toda a historia estiven ao 100% metida na personaxe de Christopher, un neno de quince anos, coa síndrome de Asperger e cunha moi difícil situación familiar que vai descubrindo aos poucos.
Paréceme unha historia tamén orixinal pero, sobretodo, reflexiva. Fíxome pensar moito sobre a percepción das cousas, da vida, de cousas aparentemente insignificantes, e tamén a ver todo isto desde un punto de vista dunha persoa con dificultades de relación.
Tamén teño que dicir que nalgúns momentos foi conmovedora. Como ao final da historia, cando están a falar Christopher e o seu pai.
As personaxes están ben descritas e caracterizadas (quen mellor está é o protagonista, Christopher, como é de esperar) e unha das cousas que máis me gustou foi a unión dos coñecementos científicos coa vida. Lendo este libro aprendín moitísimo, tanto de astronomía, como de anatomía, de patoloxías...etc). recoméndoo, unha gran lectura.


Valeria María Sáa Freire

No hay comentarios: