"A súa actuación pareceume estupenda, vivía con paixón cada palabra, cada coma e cada silencio, articulando, aínda con problemas, os versos de Rosalía e doutros poetas. As súas expresións contaxiábannos con esa solemnidade e elegancia con que nalgúns momentos ela calaba o mundo, e noutras ocasións reflectía a súa dor. Sorprendeume moito a súa memoria, sobretodo en "Airiños da miña terra", sen dubidar comezou con gran forza e rematou coa mesma, ou incluso máis. A súa entoación, aínda que ás veces temblorosa, pareceume extraordinaria, sen baixar a voz en ningún dos seus versos, unicamente deixándoa morrer ao final. En "Adiós ríos, adiós fontes" pareceume ver a dor que sentía tras deixar Galiza atrás e emigrar cara a un lugar que resultaba estraño ao corazón.
Pero, sen embargo, o que máis me conmoveu foi coñecer a súa historia e como o azar lle fixo atopar esa paixón pola poesía. Loitar contra os anos para facer o que quería, recitar poesía e vivir en Compostela". (Mar Pérez Sar, 4º ESO)
"Pareceume moi interesante, realmente emotivo o recital dos poemas. Ao coñecer a experiencia da emigración de primeira man, os poemas "Airiños da miña terra" e "Adiós ríos, adiós fontes..." parecéronme cargados de sentimento, de tristeza e de un sen fin de experiencias pasadas, facendo que case me emocionase no momento. Conmovedora sen dúbida a historia da vida de Sara. Unha historia de sufrimento, emigración, morriña, superación e paixón pola literatura." (Tomás Otero Casal, 4º ESO)
"Sara falounos da súa vida, de como tivo que marchar para Arxentina, de como lendo os poemas de Rosalía se entristecía, porque dicían que cadaquén debía morrer na súa terra, entón en Sara medrou o desexo de voltar a Galicia." (Martín Meijide, 4º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario