25/11/11

VISITAMOS A LIBRARÍA COUCEIRO

Fundada en Santiago de Compostela en 1969, a Libraría Couceiro é, hoxe en día, o establecimento con máis tradición na venda de libro galego dentro da Galiza.

A visita á libraría pareceume que estivo moi ben,
porque nunca vira unha libraría con tantos 
tipos de libros, e ordenados por plantas e segundo o que trataban, tamén porque tiña moitos libros vellos que xamais vira, nin me imaxinaba que poderían ser así. O persoal que alí traballa guiounos e explicounos as diferentes seccións, deixándonos coller e follear algún dos exemplares para que se fixera máis amena, por iso se me fixo interesante.
Por outra parte, cando chegamos ao obradoiro de encadernación, vin que era moi distinto da idea que tiña
eu na cabeza. Tal e como nos explicou a maneira na que
restauraba os libros antigos e vellos e os ía pasando por cada fase, ensinábanos con queutensilios o facía, gustoume, porque o  fixo detidamente e logrei captar a información de todo. Asombroume  tanto como os restauraba que, nalgún momento, teríame gustado poder facelo a min tamén. 
                                            Alicia Suárez Cao, 3º T.

 
A min a visita á libraría pareceume unha experiencia moi interesante, porque eu antes non sabía que existía e agora que o sei paréceme que é unha gran libraría, porque ten todo tipo de libros.
O do obradoiro de encadernación foi moi enriquecedor, porque nos explicaban como era o oficio de encadernar artesanalmente libros.
O que máis me gustou foi poder tocar o pergamiño e os libros máis antigos, porque algúns deles estaban forrados con pel antiga e auténtica.
                 Manuel Castro Búa, 3º T

Esta visita á Libraría Couceiro gustoume, o primeiro foi ir a pé ata alí desde o noso instituto, o Eduardo Pondal, xa que ir camiñando todos xuntos por Santiago é xenial.
En segundo lugar, a libraría era preciosa, as estanterías cheas
de libros, as escaleiras, os libros antigos que tiñan, o taller
de encadernar...
Pero o que máis me gustou foi o detalle de regalarnos
marcapáxinas e de deixarnos andar a mirar os libros que
quixeramos, sabendo que algúns deles son moi vellos.
O obradoiro estivo ben, encadernar os libros antigos e vellos dá moito traballo, polo que nos contou. Cando xa estaban encadernados eran moi bonitos e case parecían novos.
Tamén me gustou que unha das donas da libraría nos explicara que tipo de libros había en cada andar e que nos sacara fotos, porque a nosa cámara non as sacou nada ben, todas movidas, unha pena.
En xeral foi unha boa excursión,  portáronse moi ben connosco e deixáronnos bastante estar ao que quixeramos, algúns mirando libros de cociña, de deportes, de coches...
Chamoume moito a atención, á parte dos exemplares tan antigos que tiñan, as súas grandes ventás, que iluminaban o interior da tenda.
Contáronme que é unha das librarías máis recoñecidas en Galicia e doulles a razón. Non sabía dela, pero agora xa podo comprar alí algún libro.
                                        Alicia Fernández González, 3º T


A visita pareceume moi entretida, xa que nos explicaron a organización das librarías, as
seccións que teñen, onde podemos encontrar o exemplar desexado...

Tamén me gustou porque nos amosaron a maneira de encadernar de forma artesanal os libros antigos en mal estado, os materias que empregan, a maquinaria que necesitan...
A sección que máis chamou a miña atención foi a infantil e xuvenil, pola súa decoración. Dixéronnos que alí, de cando en vez, un contacontos entretiña aos máis pequenos.
A sección de libros de historia de Galicia pareceume moi interesante, xa que tiñan libros de todas as épocas da súa historia.
                   Tamara Cerqueiro Rey, 3º T

MARÍA e PABLO: MOITAS GRAZAS

No hay comentarios: