26/11/11

LOIS DIÉGUEZ ADÍCALLE "A POUTADA DO OSO" AO CLUBE DE LECTURA

O xoves 24 de novembro presentouse na Libraría Couceiro a última novela do escritor Lois Diéguez, "A poutada do Oso", que recolle a popular celebración da baixada do Oso en Salceda, o luns de Entroido da Póboa de Brollón.
Estiveron no acto Pancho Pillado, director da Editorial Laiovento, que explicou a precaria situación actual de aqueles que en Galicia pretenden seguir publicando libros en galego; Filipe Senén, director do Museo de San Antón, que realizou o debuxo da portada, e que nos fixo unha preciosa representación do Oso coas chocas no exemplar do Clube de lectura;
a escritora Teresa Moure, que leu un precioso conto da súa autoría no que nos narrou 

como unha loba con dous lobatiños protexeu a unha rapaciña no camiño á casa, e , evidentemente, o propio Lois Diéguez que, logo de falarnos da obra,  adicoulle o libro ao noso Clube de lectura.
Pensamos que sería moi bonito irmos o luns de Entroido a Salcedo, para que o Oso nos enfouce a cara coa súa pouta chea de lama.

Para o Clube de Lectura Outros Mundos Para-lelos do IES Eduardo
Pondal (uf!!) esta novela que é longa, pero non tanto como o IES.
 Coa miña amizade e parabéns polo seu traballo.
Compostela, 24-11-2011. Lois Diéguez


No hay comentarios: