17/12/13

Amote, Leo A. ROSA ANEIROS

Asistimos á presentación do primeiro libro da triloxía "Ámote, Leo A.", de Rosa Aneiros, na Libraría Couceiro.

24/11/13

AS PANTASMAS DE FIDEL (Ardalén)


"AS PANTASMAS DE FIDEL: XANA, RAMÓN E ROSALÍA"

VALERIA M. SÁA FREIRE fala sobre ARDALÉN, de Miguelanxo Prado.

A vida de Fidel, o protagonista de "Ardalén" estaba chea de pantasmas, recordos de Antonio que foron asimilados por Fidel como se foran propios. Só os vía el, xa que realmente só eran iso, recordos. A pantasma coa que pasaba a maioría do tempo era a fada, Xana ou Xaniña, unha muller de longos cabelos louros  e roupas brancas, cun carácter algo duro, e cun gusto sen igual pola calma e pola tranquilidade. Ao longo da historia semella como que está ciumenta todo o tempo, ben de Rosalía (outra pantasma da historia, outro recordo de Antonio), ben de Sabela (a protagonista real do relato). Ao final, sábese que a Xana non era unha fada, senón unha rapaza normal, á que Antonio (non Fidel) chamaba "A Fada", e que coñecía por ser a filla da dona da casaonde a nai de Antonio traballaba como asistenta. Xa desde pequenos había moita complicidade entre ela e mais Toñito, sendo ela quen lle amosou como tocar o piano.

Outra pantasma que convivía con Fidel era un home grande, forte, alto, e cun don innato coas mulleres, Ramón, o mellor amigo de Antonio. Ao longo da historia, descóbrese que Ramón máis Antonio eran mariñeiros ambos os dous e traballaban xuntos no "Riverside". Sábese que Ramón lle salva a vida a Antonio, cando estaban todos a punto de morrer nun naufraxio. Sábese tamén que Ramón morrera, durmindo no camarote, cando unha onda de xigantes dimensións se botou sobre o barco. Antonio sálvase con outros cinco mariñeiros máis. E a "culpa" de non ter podido salvar o seu mellor amigo (como este fixera con el), entristece e amarga a vida de Fidel, que ten os recordos de Antonio.

Tamén convive con Fidel día a día Rosalía. O único amor que tivo Antonio (que non era moi afortunado coas mulleres). Cubana, morena, extrovertida e cun corpo que entolecía a Antonio. Era prostituta (sábese por unha foto onde aparece ela e a súa prima).  Das poucas vivencias que aparecen explícitas na historia do verdadeiro Antonio, aparece el coa foto de Rosalía, maldicíndose por non estar ao seu carón, xunto dela. Minutos despois, mátano.

30/6/13

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

Realmente gustoume moitísimo o libro. Non polo contido exactamente, senón pola maneira en que está contado. En toda a historia estiven ao 100% metida na personaxe de Christopher, un neno de quince anos, coa síndrome de Asperger e cunha moi difícil situación familiar que vai descubrindo aos poucos.
Paréceme unha historia tamén orixinal pero, sobretodo, reflexiva. Fíxome pensar moito sobre a percepción das cousas, da vida, de cousas aparentemente insignificantes, e tamén a ver todo isto desde un punto de vista dunha persoa con dificultades de relación.
Tamén teño que dicir que nalgúns momentos foi conmovedora. Como ao final da historia, cando están a falar Christopher e o seu pai.
As personaxes están ben descritas e caracterizadas (quen mellor está é o protagonista, Christopher, como é de esperar) e unha das cousas que máis me gustou foi a unión dos coñecementos científicos coa vida. Lendo este libro aprendín moitísimo, tanto de astronomía, como de anatomía, de patoloxías...etc). recoméndoo, unha gran lectura.


Valeria María Sáa Freire

OS FILLOS DO MAR

Alicia Suárez Cao dános unha valoración persoal de "Os fillos do mar", de Pedro Feijoo






ENGURRAS, por MIGUEL FIAÑO

O libro, escrito e debuxado por Paco Roca,  pareceume en ocasións divertido e moi fácil de ler, pois lino todo dun tirón. Deume a ver o difícil que pode ser a vida nunha residencia de anciáns, ademais de triste, e que a xente por non acabar a súa vida só, pois prefere ter a alguén ao seu lado, aínda que teña problemas, como é o caso do protagonista. A pesar de ser triste a vivencia nunha residencia, pode ser bonita, polas amizades que se poden chegar a facer.
 A parte que me parece máis triste do libro foi cando o protagonista se entereou de que tiña alzheimer e quixo subir á segunfda planta, para saber como eran os que estaban alí e que era o que realmente pasaba alí.
E a parte que máis me gustou foi cando o seu compañeiro de cuarto, Miguel,douse de conta de que quería a Emilio, e que o botaba de menos, polo que decidiu ir vivir con el á segunda planta.

MIGUELANXO PRADO: ARDALÉN

XIANA VILLAR FRANQUEIRA OPINA SOBRE ARDALÉN

Este é o debuxo que máis me gustou... Todos no campo vendo pasar baleas....


26/6/13

RELEMBRANDO E RECITANDO A ROSALÍA: OS VERSOS EN BOCA DE SARA MAROTO

 "Cando cheguei á biblioteca do centro para escoitar a charla-recital, estaba escéptico sobre o que pudera ter de interesante ou entretido o encontro coas dúas anciás das que xa nos falara a nosa profesora de galego o día anterior. Non obstante, cambiou a miña opinión cando Sara Maroto comezou a recitar os poemas que traía escollidos; foi  precioso o sentimento desgarrado e á vez doce que expresaba coa súa voz, temblorosa e desgastada pola idade, e tamén o coidado co que ía articulando cada son que producía. Realmente, o primeiro que me cautivou de Sara Maroto foi o seu sorriso, era limpo e sincero. Tamén a súa vida resultoume moi interesante, e penso que axudaba a entender  o por que do sentimento da súa voz ao recitar".(Guillermo Lens Perol, 4º ESO)

"A súa actuación pareceume estupenda, vivía con paixón cada palabra, cada coma e cada silencio, articulando, aínda con problemas, os versos de Rosalía e doutros poetas. As súas expresións contaxiábannos con esa solemnidade e elegancia con que nalgúns momentos ela calaba o mundo, e noutras ocasións reflectía a súa dor. Sorprendeume moito a súa memoria, sobretodo en "Airiños da miña terra", sen dubidar comezou con gran forza e rematou coa mesma, ou incluso máis. A súa entoación, aínda que ás veces temblorosa, pareceume extraordinaria, sen baixar a voz en ningún dos seus versos, unicamente deixándoa morrer ao final. En "Adiós ríos, adiós fontes" pareceume ver a dor que sentía tras deixar Galiza atrás e emigrar cara a un lugar que resultaba estraño ao corazón.
Pero, sen embargo, o que máis me conmoveu foi coñecer a súa historia e como o azar lle fixo atopar esa paixón pola poesía. Loitar contra os anos para facer o que quería, recitar poesía e vivir en Compostela". (Mar Pérez Sar, 4º ESO)


"Pareceume moi interesante, realmente emotivo o recital dos poemas. Ao coñecer a experiencia da emigración de primeira man, os poemas "Airiños da miña terra" e "Adiós ríos, adiós fontes..." parecéronme cargados de sentimento, de tristeza e de un sen fin de experiencias pasadas, facendo que case me emocionase no momento. Conmovedora sen dúbida a historia da vida de Sara. Unha historia de sufrimento, emigración, morriña, superación e paixón pola literatura." (Tomás Otero Casal, 4º ESO)

"Sara falounos da súa vida, de como tivo que marchar para Arxentina, de como lendo os poemas de Rosalía se entristecía, porque dicían que cadaquén debía morrer na súa terra, entón en Sara medrou o desexo de voltar a Galicia." (Martín Meijide, 4º ESO)

UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO

UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO
Ramón Carredano Cobas.

Por Sara Barbeito Herrero. 3º S

Este pequeno libro gustoume moitísimo. Martiño soña cunha gran aventura na nao Santa María que foi moi real para el, e para min. Cantas veces desexei eu soñar un día que navegaba con Jack Sparrow polo Caribe?
Pareceume un libro moi entretido, graciosos e divertido. Martiño é un personaxe moi simpático. O que máis me chamou a atención ao principio foi o título, por que non o entendía. Ao final, cando Fernán lle entregou a moeda, entendino rapidamente. O das distintas partes do barco? Eu lera un libro que fala sobre piratas ao longo da Historia e nunha páxina había un barco coas súas partes explicadas e con nome, polo que entendía case todas porque xa as coñecía e algunha escapábaseme, pero volvía a miralo. O que máis me gustou foi o paxaro, Trinquete; eu ao principio xa sospeitaba de que se trataba dun soño e que Martiño escoitaba ao paxaro de verdade desde a súa habitación. Pero o que máis me impresionou foi a nota final do autor, na que explica que a nao Santa María, "A Gallega", afundiu e que un grumete chamado Martiño desapareceu mentres manexaba o temón. Iso si que me gustou moito. Grazas por recomendarme este libro, quedei moi contenta.

7/4/13

A ESCOLA DOS MEUS AVÓS: Aser, Pedro (3º T)

A Escola dos Avós


Nome e Apelidos: Florentina Otero Balsa (Avoa de Pedro)
Idade: 77
Outros Datos: Viviu en Holanda e en Monteagudo, tivo dous fillos, traballou ata a xubilación e actualmente vive en Coira.

A que escola fuches?
Á escola de Chaian.
Como era a clase?
Era un único edificio e había nenos de todas as idades.
Como eran os horarios de clase?
De 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 18:00.
Que material utilizábades?
Usábamos cadernos, lapis, pizarra e xiz.
Como eran os profesores?
Os profesores eran bos e "facíamos o que queríamos" *risa*.
Algún recordo bo?
Xogos entre todos.
Algún recordo malo?
Cando chovía e tíñamos que ir a clase.
Actividades extraescolares?
Xogos, etc.
Algún compañeiro co que xogaras fóra do horario escolar?
Dorinda era rubia de ollos verdes, tamén estaba Maruxa, que tiña o pelo castaño e ondulado.
Estas son as preguntas á miña súper avoa!




UNHA CLASE NA ESCOLA DE 1940

Nome e Apelidos: Cándido García Álvarez (Avó de Aser)
Idade: 74
Outros Datos: Viviu en Santiago na xuventude, ten a carreira universitaria de química, foi alférez no exército, tocaba a bandurria, ten tres fillos e unha filla, traballou no CSIC en Santiago e actualmente vive en Vidán.


A que escola fuches?
Cando era pequeno fun Ás Huérfanas e logo Á Milagrosa.
Como era a clase?
Eran nenos para un lado e nenas para outro.
Como eran os horarios de clase?
Entraba ás 9:00 e saía ás 13:00 e pola tarde non me acordo (risas...).
Que material utilizábades?
Cadernos e lapis.
Como eran os profesores?
Nas Huérfanas había monxas, algunhas eran boas e outras non. Na Milagrosa, o profesor que tíñamos foi o mellor que tiven nunca.
Algún recordo bo?
Xogar cos compañeiros.
Algún recordo malo?
Cando entrábamos Nas Huérfanas, tíñamos que entrar en fila india e co dedo nos labios para non falar, non me gustaba nada.
Actividades extraescolares?
Non, pero de cando en vez saíamos ao parque.
Algún compañeiro co que xogaras fóra do horario escolar?
Xogaba cos veciños a xogos deses coma o trompo.


Aser García Fernández
Pedro Suárez Iglesias
Febreiro 2013